
Formatar a memoria masiva
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Oficina
>
Xestor fichs.
.
Cando a memoria masiva se volve formatar, todos os datos
da memoria se perden sen posibilidade de recuperación.
Faga unha copia de seguridade dos datos que queira gardar
antes de formatar a memoria masiva. Pode utilizar Nokia Ovi
Suite para gardar a copia de seguridade nun ordenador
compatible. As tecnoloxías con xestión dos dereitos dixitais
(DRM) poden impedir que se recuperen algúns datos da copia
de seguridade. Para obter máis información sobre a DRM
utilizada para o contido, póñase en contacto co fornecedor
de servizos.
Para formatar a memoria masiva, seleccione
Opcións
>
Format. memo. masiva
. Non formate a memoria masiva
mediante o software do ordenador, xa que pode producirse
un funcionamento anormal.
Formatar non garante que se destrúan permanentemente
todos os datos confidenciais gardados na memoria masiva
do dispositivo. Un formato estándar só marca a área
formatada como espazo dispoñible e elimina os accesos para
atopar os ficheiros de novo. Aínda segue sendo posible a
recuperación de datos formatados ou incluso sobrescritos
con ferramentas e software de recuperación.