
Usar videoclip — Permite asignar un vídeo a un contacto
ou axustalo como un ton de chamada.
Marcar/Desmarcar — Permite marcar elementos na lista
para enviar ou eliminar varios elementos ao mesmo tempo.
Ver detalles — Permite ver detalles do elemento
seleccionado, como o formato, a resolución e a duración.
Axustes — Permite editar os axustes da reprodución e
transmisión por secuencias de vídeo.
Nas vistas de Videoclips, Reprod. recent. e Ligazóns de
transmisión, é posible que se atopen dispoñibles as seguintes
iconas da barra de ferramentas.
Enviar — Permite enviar un videoclip ou unha ligazón
de transmisión por secuencias.
Reproducir — Permite reproducir o videoclip ou a
transmisión por secuencias de vídeo.
Borrar — Permite eliminar o videoclip ou a ligazón de
transmisión por secuencias.
Eliminar — Permite eliminar un ficheiro da lista de
ficheiros reproducidos máis recentemente.