
Axustes de chamada
Seleccione
Menú
>
Axustes
. Seleccione
Chamando
>
Chamada
e unha das seguintes opcións:
Enviar a miña identidade — Seleccione
Si
para amosar o
seu número de teléfono á persoa á que está a chamar. Para
empregar o axuste acordado co fornecedor de servizos,
seleccione
Fixar pola rede
(servizo de rede).
Enviar ID cham. Internet — Seleccione
Si
para amosar o seu
ID de chamada da Internet á persoa á que está a chamar.
Chamada en espera — Permite activar o teléfono para
notificarlle as chamadas entrantes mentres se atopa noutra
chamada (servizo de rede) ou comprobar se esta función está
activada.
Cham. Internet en espera — Permite activar o teléfono
para notificarlle acerca dunha nova chamada da Internet
entrante mentres se atopa noutra chamada.
Aviso chamada Internet — Seleccione
Activado
para
configurar o teléfono de xeito que lle avise cando se producen
chamadas da Internet entrantes. Se selecciona
Desactivado
, só recibirá un aviso de se producir unha
chamada perdida.
Rexeitar chamada mens. — Permite activar o rexeitamento
dunha chamada e o envío dunha mensaxe de texto para
informar á persoa que chama do motivo polo que non puido
responder á chamada.
Texto da mensaxe — Permite escribir a mensaxe de texto
estándar que se enviará ao rexeitar unha chamada.
Vídeo propio á cham. ent. — Seleccione esta opción para
permitir ou rexeitar o envío de vídeo durante unha chamada
de vídeo desde o seu dispositivo.
Imaxe en videochamada — Se non se envía o vídeo durante
unha videochamada, pode seleccionar que se amose unha
imaxe fixa no seu lugar.
Rechamada automática — Permite configurar o
dispositivo para que realice un máximo de 10 intentos para
conectar a chamada despois dun intento de chamada sen
éxito. Para deter a rechamada automática, prema a tecla Fin.
Amosar duración cham. — Permite amosar a duración
dunha chamada durante o transcurso desta.
Resumo tras chamada — Permite amosar a duración dunha
chamada unha vez rematada.
Marcación rápida — Permite activar a marcación rápida.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
146

Calquera tecla responde — Permite activar a resposta
mediante calquera tecla.
Liña en uso — Este axuste (servizo de rede) só se amosa se
a tarxeta SIM admite dous números de subscritor, é dicir, dúas
liñas de teléfono. Seleccione que liña de teléfono desexa
utilizar para facer chamadas e enviar mensaxes de texto. As
chamadas de ámbalas dúas liñas poden responderse sen ter
en conta a liña seleccionada. Se selecciona
Liña 2
e non se
subscribiu a este servizo de rede, non poderá realizar
chamadas. Cando se selecciona a liña 2, amósase na
pantalla de inicio.
Cambio de liña — Seleccione esta opción para impedir a
selección de liñas (servizo de rede), se a tarxeta SIM admite
esta opción. Para cambiar este axuste, necesita o código
PIN2.