Teléfono e SIM
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión
teléfono
>
Axust. segurid.
>
Teléfono e tarxeta SIM
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Petición de código PIN — Cando esta opción está activa,
solicítase o código cada vez que se acende o dispositivo. É
posible que algunhas tarxetas SIM non admitan a
desactivación da solicitude do código PIN.
Código PIN, Código PIN2 e Código de bloqueo — É posible
cambiar o código PIN, o código PIN2 e o código de bloqueo.
Estes códigos só poden incluír números comprendidos entre
o 0 e o 9. Evite o uso de códigos de acceso similares aos
números de emerxencia para impedir o marcado accidental
do número de emerxencia. Se esquece o código PIN ou o PIN2,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos. Se esquece
o código de bloqueo, póñase en contacto cun servizo de
atención ao cliente de Nokia Care ou co seu fornecedor de
servizos.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
140
Tempo bloq. autom. tlf. — Para evitar o uso non
autorizado, é posible axustar o tempo de espera que desexa
que transcorra para que o dispositivo se bloquee
automaticamente. Os dispositivos bloqueados non se poden
utilizar ata que se introduce o código de bloqueo correcto.
Para desactivar o período de bloqueo automático, seleccione
Ningún
.
Bloq. se cambia tarx. SIM — É posible axustar o dispositivo
para que solicite o código de bloqueo cando se insire unha
tarxeta SIM descoñecida no dispositivo. O dispositivo mantén
unha lista de tarxetas SIM que se recoñecen como tarxetas do
titular.
Bloqueo teléfono remoto — Permite activar ou desactivar
o bloqueo remoto.
Grupo usuarios pechado — Permite especificar un grupo
de persoas aos que pode chamar e que poden chamarlle
(servizo de rede).
Confirmar servizos SIM — Permite axustar que o dispositivo
amose mensaxes de confirmación cando está a utilizar un
servizo da tarxeta SIM (servizo de rede).