Xestión de certificados
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión
teléfono
>
Axust. segurid.
>
Xestión de certificados
.
Os certificados dixitais deben utilizarse para conectarse a
bancos en liña ou outros sitios ou servidores remotos para
realizar accións que implican a transferencia de información
confidencial. Tamén deben empregarse para reducir o risco
de ser infectado por virus ou demais software
malintencionado e asegurarse da autenticidade dun
software cando o descargue e instale.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Certificados autoridade — Permite ver e editar os
certificados de autoridade.
Certificados sitio seguro — Permite ver e editar os
certificados dos sitios fiables.
Certificados persoais — Permite ver e editar os certificados
persoais.
Certificados do teléfono — Permite ver e editar os
certificados do dispositivo.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade; utilízanse
para verificar a orixe do software.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce
considerablemente os riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos
correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade.
A existencia dun certificado non ofrece protección por si
mesmo. O administrador do certificado debe dispoñer de
certificados correctos, auténticos ou fiables para poder
aumentar a seguridade. Os certificados teñen data de
caducidade. Se se amosa "Certificado caducado" ou "O
certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do
dispositivo son correctas.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
141
Visualización de detalles dos certificados: comprobación
da súa autenticidade
Só se pode estar seguro da correcta identidade dun servidor
se se comproba a sinatura e o período de validez dun
certificado de servidor.
Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón
do certificado de seguridade correcto no teléfono, recibirá
unha notificación.
Para comprobar os detalles dun certificado, seleccione
Opcións
>
Detalles do certificado
. Compróbase a validez
do certificado e é posible que se visualice unha das seguintes
notas:
Certificado non fiable — Non axustou ningunha aplicación
para usar o certificado.
Certificado caducado — O período de validez do certificado
finalizou.
Certificado aínda non válido — O período de validez do
certificado aínda non comezou.
Certificado corrupto — O certificado non se pode usar.
Póñase en contacto co emisor do certificado.
Cambie os axustes de fiabilidade
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre
asegurarse de que o propietario do certificado é realmente
fiable e que pertence realmente ao propietario facilitado.
Para cambiar os axustes dun certificado de autoridade,
seleccione
Opcións
>
Axustes fiabilidade
. Dependendo do
certificado, amósase unha lista das aplicacións que poden
usar o certificado seleccionado. Por exemplo:
Instalación Symbian: Si — O certificado é quen de certificar
a orixe dunha nova aplicación do sistema operativo Symbian.
Internet: Si — O certificado é quen de certificar servidores.
Instalación aplics.: Si — O certificado é quen de certificar a
orixe dunha aplicación Java™ nova.
Para cambiar o valor, seleccione
Opcións
>
Edit. axustes
fiabilidade
.