
Axustes da cámara de imaxes fixas
Para cambiar os axustes principais, no modo de imaxe,
seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das opcións seguintes:
Calidade de imaxe — Permite axustar a resolución. Canto
maior sexa a resolución da imaxe, máis memoria ocupará.
Amosar imaxe capturada — Permite visualizar a imaxe
despois de capturala ou continuar a captura de imaxes
inmediatamente.
Nome da imaxe predet.: — Permite definir o nome
predeterminado das imaxes capturadas.
Capturar ton — Permite axustar o ton que desexa que soe
cando fai unha fotografía.
Memoria en uso — Permite seleccionar onde desexa que se
almacenen as imaxes.
Amosar info. do GPS — Para engadir coordinadas dunha
situación GPS a cada ficheiro de imaxes, seleccione
Activada
. É posible que os sinais GPS tarden tempo en
recibirse ou que non se atopen dispoñibles.
Rotación autom. imaxes — Permite seleccionar se desexa
que as imaxes capturadas co dispositivo en posición vertical
se xiren ao abrilas en Fotos.
Restab. axustes cámara — Permite restablecer os axustes
predeterminados da cámara.