Axustes de vídeo
Para cambiar os axustes principais, no modo de vídeo,
seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das opcións seguintes:
Calidade de vídeo — Permite axustar a calidade do
videoclip. Seleccione
Compartir
se desexa enviar o videoclip
mediante unha mensaxe multimedia. O clip grávase con
resolución QCIF, en formato de ficheiro 3GPP, e o tamaño está
limitado a 600 kB (equivalente a aproximadamente un
minuto). É posible que non poida enviar videoclips que se
atopen gardados en formato de ficheiro MPEG4 en mensaxes
multimedia.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
106
Amosar info. do GPS — Para engadir coordenadas dunha
situación GPS a cada ficheiro, seleccione
Activado
. É posible
que os sinais GPS tarden tempo en recibirse ou que non se
atopen dispoñibles.
Gravación de son — Permite gravar son.
Amosar vídeo capturado — Permite visualizar o primeiro
fotograma do videoclip gravado unha vez detida a gravación.
Para visualizar o videoclip completo, seleccione
Reproducir
.
Nome de vídeo predet. — Permite introducir o nome
predeterminado dos videoclips gravados.
Memoria en uso — Permite seleccionar onde desexa que se
almacenen os videoclips.
Restab. axustes cámara — Permite restablecer os axustes
predeterminados da cámara.