
Captura de imaxes
Cando realice a captura dunha imaxe, teña en conta o
seguinte:
•
Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se mova.
•
A calidade das imaxes sobre as que se aplicou o zoom
dixital é inferior á das imaxes sobre as que non se aplicou.
•
A cámara pasa ao modo de aforro de enerxía se non se
realiza ningunha acción aproximadamente un minuto.
Para continuar capturando imaxes, seleccione
Continuar
.
•
Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o
flash. Non utilice o flash para tomar imaxes de persoas
ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash
durante a toma de imaxes.
Para capturar unha imaxe coa cámara principal, leve a cabo
as seguintes accións:
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
101

1 Para pasar do modo de vídeo ao de imaxe, se é necesario,
seleccione > .
2 Para capturar unha imaxe, prema a tecla Capturar. Non
mova o dispositivo antes de que se garde a imaxe e se
amose a imaxe final na pantalla.
Captura de imaxes coa cámara secundaria
Para capturar unha imaxe, seleccione
. Non mova o
dispositivo antes de que se garde a imaxe e se amose a imaxe
final na pantalla.
Para ampliar ou reducir unha imaxe durante a captura, utilice
o control deslizante do zoom.
Para deixar a cámara aberta en segundo plano e utilizar
outras aplicacións, prema a tecla Menú. Para volver á cámara,
manteña premida a tecla Capturar.