Axustes de paquetes de datos
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Axustes
admin.
>
Paquetes datos
.
Os axustes do paquete de datos afectan a todos os puntos de
acceso que empregan unha conexión de paquete de datos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Conexión paquetes datos — Se selecciona
Se está
dispoñible
e se atopa nunha rede que admite paquetes de
datos, o dispositivo rexistrarase na rede do paquete de datos.
O inicio dunha conexión de paquete de datos activa (por
exemplo, para enviar e recibir correos electrónicos) faise de
xeito máis rápido que se o dispositivo establece unha
conexión de paquete de datos cando a precisa. Se non hai
cobertura de paquetes de datos, o dispositivo intenta
establecer de forma periódica unha conexión de paquete de
datos. Se selecciona
Se cómpre
, o dispositivo utilizará unha
conexión de paquete de datos só se inicia unha aplicación ou
acción que a necesita.
Punto de acceso — O nome do punto de acceso é necesario
para utilizar o dispositivo como un módem de paquete de
datos para un ordenador compatible.
Acceso paq. alta velocid. — Permite activar ou desactivar
o uso de HSDPA (servizo de rede) nas redes UMTS.