Acerca da conectividade Bluetooth
Grazas á conectividade Bluetooth pode establecer unha
conexión sen fíos a outros dispositivos compatibles, como
teléfonos móbiles, ordenadores, auriculares ou kits de
vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar imaxes, videoclips,
música e clips de son, e notas, transferir ficheiros desde o seu
ordenador compatible e imprimir imaxes cunha impresora
compatible.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos
Bluetooth se comunican mediante ondas de radio, non se
teñen que atopar nunha liña visual directa. Non obstante,
cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do
outro, aínda que a conexión pode sufrir interferencias debido
a obstáculos como paredes ou a outros dispositivos
electrónicos.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0
+ EDR que admite os seguintes perfís: Dial-Up Networking
(DUN), Object Push Profile (OPP), File Transfer Profile (FTP),
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
76
Hands Free Profile (HFP), Headset Profile (HSP), Basic Imaging
Profile (BIP), Remote SIM Access Profile (SimAP), Device
Identification Profile (DI), Phonebook Access Profile (PBAP),
Generic Audio/Video Distribution Profile (GAVDP), Audio/
Video Remote Control Profile (AVRCP), Advanced Audio
Distribution Profile (A2DP) . Para asegurar a
interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de
tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados
para este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos
outros dispositivos para obter información sobre a
compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o
consumo de enerxía e reducen a duración da batería.
Cando o dispositivo se atopa bloqueado, só se poden
establecer conexións con dispositivos autorizados.