
Vinculación de dispositivos
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
.
Para vincular dispositivos compatibles e ver os dispositivos
vinculados, abra a ficha
Disposit. vinculados
.
Antes da vinculación, cree o seu propio código (de 1 a 16
díxitos) e acorde co propietario do outro dispositivo utilizar
o mesmo código. Os dispositivos que non presentan unha
interface de usuario posúen un código axustado de fábrica.
O código utilízase só unha vez.
1 Para vincular un dispositivo, seleccione
Opcións
>
Novo
disposit. vinculado
. Amosaranse os dispositivos que se
atopan dentro do seu alcance.
2 Seleccione o dispositivo e insira o código. Cómpre inserir
o mesmo código tamén no outro dispositivo.
3 Algúns accesorios de son conéctanse automaticamente
co teléfono despois da vinculación. De non ser así, para
conectar calquera accesorio, seleccione
Opcións
>
Conec. con dispos. audio
.
Os dispositivos vinculados indícanse mediante o símbolo
na busca de dispositivos.
Para axustar un dispositivo como autorizado ou non
autorizado, seleccione unha das opcións seguintes:
Fixar como autorizado — As conexións entre o teléfono e
o dispositivo autorizado pódense realizar sen o seu
coñecemento. Non se lle solicitará a súa autorización nin
aceptación. Utilice este estado só para os seus propios
dispositivos, como os auriculares compatibles, ordenadores
ou dispositivos que pertenzan a unha persoa de confianza.
indica os dispositivos que se atopan autorizados na vista
de dispositivos vinculados.
Fixar non autorizado — Con esta opción, cómpre que as
solicitudes de conexión deste dispositivo se acepten por
separado de cada vez.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
78

Para cancelar a vinculación cun dispositivo, seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Para cancelar todas as vinculacións, seleccione
Opcións
>
Borrar todos
.