Conexións de datos e puntos de acceso
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de datos
(servizo de rede), como GPRS, na rede GSM. Cando se utiliza o
dispositivo en redes GSM e UMTS, pode haber varias conexións
de datos activas ó mesmo tempo e os puntos de acceso poden
compartir unha conexión de datos. Na rede UMTS, as
conexións de datos seguen activas durante as chamadas de
voz.
Tamén pode usar unha conexión de datos WLAN. Nunha
conexión LAN só pode estar activa ó mesmo tempo unha
conexión, pero varias aplicacións poden utilizar o mesmo
punto de acceso á Internet.
Para establecer unha conexión de datos, requírese un punto
de acceso. É posible definir diferentes clases de puntos de
acceso, como os seguintes:
•
Punto de acceso de MMS para enviar e recibir mensaxes
multimedia
•
Punto de acceso á Internet (IAP) para enviar e recibir
correos electrónicos e conectarse á Internet
Comprobe o tipo de punto de acceso que necesita co seu
fornecedor de servizos para o servizo ó que desexa acceder.
Para consultar a dispoñibilidade e a subscrición ós servizos
de conexión de datos do paquete, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.