
Acerca de WLAN
Para utilizar unha conexión de rede de área local sen fíos
(WLAN), debe haber unha dispoñible no lugar no que se
encontra e o dispositivo debe estar conectado a ela. Algunhas
redes WLAN están protexidas e necesita unha clave de acceso
do fornecedor de servizos para conectarse.
É posible que a utilización de redes WLAN estea restrinxida
nalgúns países. Por exemplo, en Francia só está permitido
utilizar redes WLAN en lugares interiores. Para obter máis
información, contacte coas súas autoridades locais.
As funcións que empregan as WLAN, ou que teñen
autorización para executarse en segundo plano mentres se
empregan outras funcións, aumentan a demanda de enerxía
da batería e reducen a vida útil da mesma.
Importante: Active sempre un dos métodos de cifrado
dispoñibles para aumentar a seguridade da conexión LAN sen
fíos. A utilización do cifrado reduce o risco de que accedan de
xeito non autorizado aos seus datos.