
Creación de grupos de puntos de acceso
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
73

Algunhas aplicacións permítenlle utilizar grupos de puntos
de acceso para as conexións de rede.
Para evitar seleccionar un punto de acceso único cada vez que
o dispositivo fai unha conexión de rede, pode crear un grupo
que conteña varios puntos de acceso para conectar á rede e
definir a orde na que se usan os puntos de acceso.
Por exemplo, pode engadir unha rede LAN sen fíos (WLAN) e
puntos de acceso de paquetes de datos a un grupo de puntos
de acceso á Internet e usar o grupo para navegar pola web.
Se lle outorga á rede WLAN a prioridade máis alta, o
dispositivo conectarase á Internet por medio da WLAN se
estivese dispoñible, e por medio dunha conexión de paquetes
de datos se non estivese.
Para crear un grupo de puntos de acceso novo, seleccione
Opcións
>
Administrar
>
Novo destino
.
Para engadir puntos de acceso a un grupo de puntos de
acceso, seleccione o grupo e
Opcións
>
Novo punto de
acceso
. Para copiar un punto de acceso existente doutro
grupo, seleccione o grupo, toque no punto de acceso
correspondente se non se atopa resaltado aínda e seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Copiar noutro destino
.
Para cambiar a prioridade dun punto de acceso dun grupo,
seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Cambiar prioridade
.