Creación dun punto de acceso novo
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
.
É posible recibir os axustes do punto de acceso nunha
mensaxe dun fornecedor de servizos. Algúns ou todos os
puntos de acceso poden preestablecerse para o dispositivo
polo seu fornecedor de servizos e pode que non sexa posible
cambialos, crealos, editalos ou eliminalos.
Cando abre un dos grupos de puntos de acceso ( , , ,
), pode ver os tipos de puntos de acceso:
indica un punto de acceso protexido
indica un punto de acceso de paquete de datos
indica un punto de acceso LAN sen fíos (WLAN)
Suxestión: Pode crear puntos de acceso á Internet nunha
WLAN co asistente de WLAN.
Para crear un punto de acceso novo, seleccione
Punto de
acceso
.
O dispositivo solicita a comprobación das conexións
dispoñibles. Despois da busca, as conexións que xa están
dispoñibles amósanse e poden ser compartidas por un punto
de acceso novo.
Se ignora este paso, solicitaráselle que seleccione un método
de conexión e que defina os axustes necesarios.
Para editar os axustes dun punto de acceso, abra un dos
grupos de puntos de acceso e seleccione un punto de acceso.
Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos.
Nome da conexión — Permite inserir un nome para a
conexión.
Portador de datos — Permite seleccionar o tipo de conexión
de datos.
Dependendo da conexión de datos que seleccione, só estarán
dispoñibles determinados campos de axustes. Encha todos
os campos marcados con
Cómpre definir
ou cun símbolo *
vermello. É posible deixar en branco outros campos, excepto
se o fornecedor de servizos indica o contrario.
Para utilizar unha conexión de datos, cómpre que o
fornecedor de servizos admita esta función e, se é necesario,
a active para a súa tarxeta SIM.