Puntos de acceso de paquete de datos
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
>
Punto de acceso
e siga as instrucións da pantalla.
Para editar un punto de acceso de paquete de datos, abra un
dos grupos de punto de acceso e seleccione o punto de acceso
que se atope marcado con
.
Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Nome punto de acceso — O nome do punto de acceso
obtense do fornecedor de servizos.
Nome de usuario — É posible que se necesite o nome de
usuario para realizar unha conexión de datos. Este nome de
usuario obtense normalmente do fornecedor de servizos.
Petición contrasinal — Se cómpre inserir o contrasinal cada
vez que se inicia sesión nun servidor ou se non desexa gardar
o contrasinal no dispositivo, seleccione
Si
.
Contrasinal — É posible que se necesite un contrasinal para
realizar unha conexión de datos. Este contrasinal obtense
normalmente do fornecedor de servizos.
Autenticación — Seleccione
Segura
para enviar sempre o
seu contrasinal codificado ou
Normal
para enviar o
contrasinal codificado cando sexa posible.
Páxina de inicio — Dependendo do punto de acceso que
configure, insira o enderezo web ou o enderezo do centro de
mensaxes multimedia.
Usar punto de acceso — Seleccione
Tras confirmación
se
desexa que o dispositivo lle pida confirmación antes de que
se cree a conexión que emprega este punto de acceso ou
Automaticamente
se desexa que o dispositivo se conecte ao
destino por medio dun punto de acceso de xeito automático.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
74
Seleccione
Opcións
>
Axustes avanzados
e unha das
seguintes opcións:
Tipo de rede — Permite seleccionar o tipo de protocolo da
Internet que desexa utilizar para transferir datos desde e
para o dispositivo. O resto de axustes dependerán do tipo de
rede seleccionado.
Enderezo IP teléfono (só para IPv4): — Permite inserir o
enderezo IP do dispositivo.
Enderezos DNS — Permite inserir os enderezos IP dos
servidores DNS primario e secundario, se o require o seu
fornecedor de servizos. Para obter estes enderezos, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos da Internet.
Enderezo servidor proxy — Insira o enderezo do servidor
proxy.
Nº de porto proxy — Permite inserir o número de porto do
servidor proxy.