
Aforro de enerxía
Para evitar cargar a batería tan a miúdo, faga o seguinte (se
está dispoñible no seu dispositivo):
•
Peche as aplicacións e as conexións de datos, por
exemplo, a súa conexión Bluetooth, cando non as utilice.
•
Reduza o brillo da pantalla.
•
Axuste o seu dispositivo para que entre en modo de
aforro de enerxía tras un período mínimo de
inactividade, sempre que o seu teléfono dispoña desta
función.
•
Desactive os sons innecesarios, como os tons das teclas.