
Números e enderezos predeterminados
Pode asignar números ou enderezos predeterminados a un
contacto. Se un contacto posúe varios números ou enderezos,
pode chamalo ou enviarlle unha mensaxe de xeito doado a
un número ou enderezo determinado. O número
predeterminado tamén se utiliza no marcado por voz.
1 Na lista de contactos, seleccione un contacto.
2 Seleccione
Opcións
>
Predeterminados
.
3 Seleccione un predeterminado ao que desexa engadir un
número ou un enderezo e seleccione
Asignar
.
4 Seleccione un número ou un enderezo que desexe
establecer como predeterminado.
5 Para saír da vista Predeterminados e gardar os cambios,
puntee a pantalla fóra da vista.