Marcación fixa
Seleccione
Menú
>
Axenda
e
Opcións
>
Números da
SIM
>
Contactos marc. fixa
.
Co servizo de marcación fixa pode restrinxir as chamadas
desde o dispositivo a certos números de teléfono. Non todas
as tarxetas SIM admiten o servizo de marcación fixa. Para
obter máis información, contacte co fornecedor de servizos.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que
restrinxen as chamadas (coma a restrición de chamadas, os
grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa), pode que sexa
posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e restrición de
chamadas non poden estar activos ao mesmo tempo.
Necesita o código PIN2 para activar e desactivar a marcación
fixa ou editar os contactos deste tipo de marcación. Póñase
en contacto co fornecedor de servizos para obter o código
PIN2.
Seleccione
Opcións
e entre as seguintes:
Activar marcación fixa — Activar a marcación fixa.
Desactivar marción fixa — Desactivar a marcación fixa.
Novo contacto da SIM — Introducir o nome do contacto e
o número de teléfono ao que se permite realizar chamadas.
Engadir de Contactos — Copiar un contacto da lista de
contactos na lista de marcación fixa.
Para enviar mensaxes de texto aos contactos SIM mentres o
servizo de marcación fixa está activado, é necesario engadir
o número do centro de mensaxes de texto á lista de
marcación fixa.