Barra de ferramentas de fotos
Na barra de ferramentas activa, seleccione a opción que
desexe. As opcións dispoñibles varían en función da vista na
que se atopa e de se seleccionou unha imaxe ou un videoclip.
Ao visualizar unha imaxe ou un videoclip no modo de pantalla
completa, puntee o elemento para que se amose a barra de
ferramentas e o control desprazable do zoom.
Seleccione unha imaxe ou un videoclip e unha das opcións
seguintes:
Permite enviar a imaxe ou o videoclip.
Permite marcar a imaxe ou o videoclip.
Permite cargar a imaxe ou o videoclip nun álbum en
liña compatible (só dispoñible se se configurou unha
conta para un álbum en liña compatible).
Permite eliminar a imaxe ou o videoclip.
Permite renomear a imaxe ou o videoclip.
Permite visualizar imaxes en forma de presentación
de diapositivas.
Permite crear un álbum novo.