Editar videoclips
O editor de vídeo admite os formatos de ficheiro de vídeo 3GP
e MP4, e os formatos de ficheiro de son AAC, AMR, MP3 e WAV.
pero non admite necesariamente tódalas características ou
tódalas variacións dos formatos de ficheiro.
Para editar videoclips de Fotos, desprácese ata un videoclip,
seleccione
Opcións
>
Editar
e unha das opcións seguintes:
Fusionar — Permite engadir unha imaxe ou un videoclip ao
inicio ou fin do videoclip seleccionado.
Cambiar son — Permite engadir un clip de son novo e
substituír o son orixinal no videoclip.
Engadir texto — Permite engadir texto ao comezo ou ao
final do videoclip.
Cortar — Permite cortar o vídeo e marcar as seccións que
desexa conservar no videoclip.
Para capturar unha instantánea dun videoclip, na vista de
cortar vídeo, seleccione
Opcións
>
Sacar unha
instantánea
.