
Coidado do dispositivo
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía superiores e debe ser
tratado con coidado. As seguintes suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da
garantía.
•
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de
líquidos poden conter minerais que produzan a corrosión dos circuítos
electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e agarde
a que o dispositivo se seque completamente antes de volver a colocala.
•
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios e poeirentos, xa que
poderían producirse danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes
electrónicos.
•
Non garde o dispositivo a temperaturas elevadas ou reducidas. As temperaturas
elevadas poden reducir a vida útil dos dispositivos electrónicos, danar as baterías
e deformar ou derreter determinados plásticos. Cando o dispositivo regrese á súa
temperatura normal dunha temperatura reducida, é posible que se forme
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
153

humidade no interior do mesmo e que se produzan danos nas placas dos circuítos
electrónicos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir a
rotura das placas dos circuítos e do mecanismo interno.
•
Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de limpeza nin deterxentes
concentrados para limpar o dispositivo. Soamente utilice un pano suave, limpo e
seco para limpar a superficie do dispositivo.
•
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o
funcionamento axeitado.
•
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha autorizada polo
fabricante. A utilización de antenas, modificacións ou accesorios non autorizados
pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de dispositivos
de radio.
•
Utilice os cargadores en lugares interiores.
•
Cree unha copia de seguridade dos datos que desexe manter, como os contactos e
as notas do calendario.
•
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un rendemento óptimo,
apágueo e retire a batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á batería, ao cargador ou a calquera
accesorio.