Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio, redes sen fíos, redes terrestres
e funcións programadas polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas de voz a través
da Internet (chamadas da Internet), active as chamadas da Internet e o teléfono móbil.
O dispositivo intentará efectuar as chamadas de emerxencia a través das redes móbiles
e do fornecedor de chamadas da Internet se se atopan activados. Non se pode garantir
que a conexión funcione en todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun
dispositivo móbil para efectuar comunicacións importantes, como urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
155
1
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é a
axeitada. En función do dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o
seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.
•
Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.
•
Cambie o perfil de modo de perfil desconectado a un perfil activo.
•
Se a pantalla e as teclas están bloqueadas, deslice o interruptor de bloqueo
no lateral do dispositivo para desbloquealas.
2
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o
dispositivo para as chamadas.
3
Abra o marcador seleccionando a icona correspondente (
).
4
Insira o número de emerxencia oficial da localidade na que se atope. Os números
de emerxencia poden variar en cada localidade.
5
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria do
xeito máis preciso posible. É posible que o teléfono sen fíos sexa o único medio de
comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que reciba permiso
para facelo.