Dispositivos médicos implantados
Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter unha separación mínima de
15,3 centímetros (6 polgadas) entre un dispositivo sen fíos e os dispositivos médicos
implantados, como os marcapasos ou os desfibriladores cardioversores implantados,
para evitar posibles interferencias co dispositivo médico. As persoas que dispoñan dos
mencionados dispositivos deberán:
•
Manteña sempre o dispositivo sen fíos a máis de 15,3 centímetros (6 polgadas) do
dispositivo médico.
•
Non transportar o dispositivo sen fíos no peto da camisa.
•
Sosteña o dispositivo sen fíos na orella oposta do dispositivo médico.
•
Apague o dispositivo sen fíos se sospeita que se están a producir interferencias.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
154
•
Respecte as instrucións do fabricante correspondentes ao dispositivo médico
implantado.
Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do dispositivo sen fíos cun dispositivo
médico implantado, póñase en contacto co seu médico.