Información de certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non superar
os límites de exposición ás ondas de radiofrecuencia recomendadas polas directrices
internacionais. O organismo científico independente ICNIRP desenvolveu estas
directrices, que inclúen marxes de seguridade deseñadas para garantir a protección de
todas as persoas, independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles empregan unha unidade de
medición coñecida como o Índice de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR exposto
nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en aproximadamente 10
gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo utilizando posicións de
funcionamento estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía máis alto
en todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel de SAR real dun dispositivo en
funcionamento pode estar por debaixo do valor máximo debido a que o dispositivo está
deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse coa rede. A cantidade cambia
dependendo dun gran número de factores, como a que distancia se atopa dunha estación
base de rede.
O valor de SAR máis alto admitido segundo as directrices de ICNIRP para utilizar o
dispositivo pegado á orella é de 0,66 Watt/kg.
O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a aparición de diferentes valores de
SAR. Os valores de SAR poden variar dependendo das necesidades de información e
probas nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información de SAR adicional,
consulte a sección de información do produto da páxina web www.nokia.com.