Nokia N97 - Vehículos

background image

Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas electrónicos incorrectamente

instalados ou protexidos dos vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de

combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade electrónicos e os

sistemas de airbag. Para obter máis información, consulte co fabricante do vehículo ou

do equipo.

O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun vehículo por parte de persoal

cualificado. Unha instalación ou reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode

invalidar a súa garantía. Comprobe regularmente que todos os dispositivos sen fíos do

vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin transporte

líquidos inflamables, gases ou materiais explosivos no mesmo compartimento que o

dispositivo, os seus compoñentes ou accesorios. Recorde que os airbag despréganse con

gran forza. Non coloque o dispositivo nin accesorios na zona onde se desprega o airbag.

Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de teledispositivos sen fíos nunha

aeronave pode resultar perigoso para o funcionamento do avión, e pode ser ilegal.