
Holograma de autenticación
1
Cando mire ao holograma situado na etiqueta, deberá ver o símbolo no que se unen
as mans de Nokia dende un ángulo e o logotipo de accesorios orixinais de Nokia
se o mira dende o outro ángulo.
2
Se inclina o holograma cara á esquerda, dereita, abaixo e arriba, debería ver 1, 2,
3 e 4 puntos en cada lado respectivamente.
A correcta realización dos pasos indicados non garante totalmente a autenticidade da
batería. Se non pode confirmar a autenticidade ou se ten razóns para pensar que a batería
Nokia co símbolo na etiqueta non é unha batería Nokia auténtica, non a utilice e envíea
a un distribuidor ou ao centro de servizo técnico máis próximo de Nokia para recibir
asistencia.
Para obter máis información verbo das baterías orixinais de Nokia, visite a páxina web
www.nokia.com/battery.