Axustes de web
Seleccione
Menú
>
Web
e
Opcións
>
Axustes
e unha das
opcións seguintes:
Axustes xerais
Punto de acceso — Permite cambiar o punto de acceso
predeterminado. É posible que o fornecedor de servizos
preestableza algúns ou todos os puntos de acceso para o seu
dispositivo. É posible que non poida cambialos, crealos,
editalos ou eliminalos.
Páxina de inicio — Permite definir a páxina de inicio.
Lista de historial — Se selecciona
Activado
, durante a
navegación, para ver unha lista das páxinas visitadas durante
a sesión actual, seleccione
Atrás
.
Sufixo do enderezo web — Permite introducir un sufixo de
enderezo web que o dispositivo utilizará de xeito
predeterminado ao introducir un enderezo web no campo Ir
a (por exemplo, .com ou .org).
Advertencias seguridade — Permite ocultar ou amosar
notificacións de seguridade.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
85
Script Java/ECMA — Permite activar ou desactivar o uso de
secuencias de comandos.
Erros de script Java/ECMA — Permite seleccionar se desexa
recibir notificacións de secuencias de comandos.
Abrir durante a descarga — Permite seleccionar se desexa
poder abrir un ficheiro durante a súa descarga.
Axustes de páxina
Cargar contido — Permite seleccionar se desexa cargar
imaxes e outros obxectos durante a navegación. Se
selecciona
Só texto
, para cargar imaxes ou obxectos
posteriormente durante a navegación, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Cargar imaxes
.
Codificación predeterm. — Se os caracteres de texto non
se amosan correctamente, é posible seleccionar outra
codificación correspondente ao idioma da páxina actual.
Bloquear fiestras emerx. — Permite admitir ou bloquear a
abertura automática de diferentes fiestras emerxentes
mentres durante a navegación.
Recarga automática — Permite seleccionar se desexa que
as páxinas web se actualicen automaticamente durante a
navegación.
Tamaño da fonte — Permite definir o tamaño de fonte que
desexa que se utilice nas páxinas web.
Axustes de privacidade
Últimas webs visitadas — Permite activar ou desactivar a
compilación de favoritos automática. Se desexa continuar
gardando os enderezos das páxinas web visitadas no cartafol
Últimas webs visitadas
, pero desexa ocultar o cartafol da
vista dos favoritos, seleccione
Ocultar carpeta
.
Gardar datos formulario — Permite seleccionar se desexa
que os datos do contrasinal ou os datos introducidos en
diferentes formularios dunha páxina web se garden e utilicen
a próxima vez que abra a páxina.
Cookies — Permite activar ou desactivar a recepción e o
envío de cookies.
Axustes de infos web
Punto acceso act. auto. — Permite seleccionar o punto de
acceso desexado para a actualización. Esta opción só está
dispoñible cando
Actualizacións auto.
se atopa activo.
Actualizar en itinerancia — Permite seleccionar se desexa
que as fontes web se actualicen automaticamente durante a
itinerancia.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
86