
Navegación pola web
Seleccione
Menú
>
Web
.
Para navegar pola web, seleccione
Ir ao enderezo web
na
barra de ferramentas e introduza un enderezo web.
O navegador está en modo de pantalla completa de xeito
predeterminado. Para saír do modo de pantalla completa,
seleccione a icona de frecha da esquina inferior dereita.
Algunhas páxinas web poden conter materiais, como gráficos
ou videoclips, que requiren dispoñer dunha gran cantidade
de memoria para poder ser visualizadas. Se se esgota a
memoria do teléfono mentres carga unha páxina web deste
tipo, insira unha tarxeta de memoria. Do contrario, os
videoclips non se visualizarán.
Para navegar polas páxinas web sen que se amosen os
gráficos para aforrar memoria e aumentar a velocidade da
descarga, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Páxina
>
Cargar
contido
>
Só texto
.
Para actualizar o contido da páxina web, seleccione
Opcións
>
Opcións de páxina web
>
Recargar
.
Para gardar o enderezo web da páxina actual como favorito,
seleccione
Opcións
>
Opcións de páxina web
>
Gardar
como favorito
.
Para ver instantáneas das páxinas web que visitou durante a
sesión de navegación actual, seleccione
Atrás
(dispoñible se
Lista de historial
está activada nos axustes do navegador e
a páxina web actual non é a primeira páxina web que visita).
Para permitir ou impedir a apertura automática de varias
fiestras, seleccione
Opcións
>
Opcións de páxina web
>
Bloq. fiestras emerx.
ou
Permit. fiestras emer.
.
Para ampliar unha páxina web, toque dúas veces a pantalla.
Suxestión: Para enviar o navegador a segundo plano sen saír
da aplicación nin pechar a conexión, prema a tecla de
finalización unha vez.