
Verbo do software do dispositivo e das actualizacións
das aplicacións
Coas actualizacións do software do dispositivo e as
actualizacións das aplicacións, pode obter novas
características e funcións melloradas para o dispositivo. A
actualización do software pode mellorar tamén o
rendemento do dispositivo.
Recoméndase que realice unha copia de seguridade dos seus
datos persoais antes de actualizar o software do dispositivo.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar
o dispositivo, nin sequera para efectuar chamadas de
emerxencia, ata completar a instalación e reiniciar o
dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de seguridade
dos datos antes de aceptar a instalación dunha actualización.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos (servizo de
rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga
suficiente ou conecte o cargador antes de iniciar a
actualización.
Despois de actualizar o software ou as aplicacións do
dispositivo, é posible que as instrucións da guía de usuario
non estean xa actualizadas.