
Asistencia técnica
Se desexa obter máis información verbo do uso do seu
produto ou se non está seguro do funcionamento do seu
teléfono, consulte a páxina www.nokia.com/support, ou se
está utilizando un dispositivo móbil, a páxina
www.nokia.mobi/support. Tamén pode seleccionar
Menú
>
Aplicacións
>
Axuda
no seu dispositivo.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das
seguintes opcións:
•
Reinicie o dispositivo. Apague o dispositivo e saque a
batería. Agarde un minuto aproximadamente, volva
colocar a batería e acenda o dispositivo.
•
Restaure os axustes orixinais de fábrica.
•
Actualice o software do dispositivo.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto
con Nokia para obter información acerca doutras opcións de
reparación. Consulte a páxina www.nokia.com/repair. Antes
de enviar o dispositivo a reparar, garde sempre unha copia
de seguridade dos datos do dispositivo.