Códigos de acceso
Se esquece algún dos códigos de acceso, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos.
Código PIN (número de identificación persoal) — Este código
protexe a súa tarxeta SIM de usos non autorizados. O código
PIN (de 4 a 8 díxitos) fornécese normalmente xunto coa
tarxeta SIM. Se insire o código PIN de xeito incorrecto tres
veces consecutivas, o código bloquearase e necesitará o
código PUK para desbloquealo.
Código UPIN — Este código pódese fornecer xunto coa tarxeta
USIM. A tarxeta USIM é unha versión mellorada da tarxeta SIM
e admítena os teléfonos móbiles 3G.
Código PIN2 — Este código (de 4 a 8 díxitos) fornécese xunto
con algunhas tarxetas SIM e requírese para acceder a
algunhas funcións do dispositivo.
Código de bloqueo (tamén chamado "código de
seguridade") — O código de bloqueo axúdalle a protexer o
dispositivo contra o uso non autorizado. O código
predeterminado é 12345. Pode crear e cambiar o código e
axustar o dispositivo para solicitar o código. Garde o código
novo nun lugar secreto e seguro lonxe do dispositivo. Se
esquece o código e o dispositivo se bloquea, requirirase
asistencia técnica. É posible que se apliquen tarifas adicionais
e que se eliminen todos os datos persoais do dispositivo. Para
obter máis información, póñase en contacto cun punto Nokia
Care ou co distribuidor do dispositivo.
Código PUK (clave de desbloqueo persoal) e PUK2 — Estes
códigos (8 díxitos) requírense para modificar un código PIN
ou PIN2 bloqueado, respectivamente. Se os códigos non se
fornecen coa tarxeta SIM, póñase en contacto co fornecedor
de servizos de rede ao que pertence a tarxeta SIM inserida no
teléfono.
Código UPUK — Este código (8 díxitos) requírese para
modificar un código UPIN bloqueado. Se o código non se
fornece coa tarxeta USIM, póñase en contacto co fornecedor
de servizos de rede ao que pertence a tarxeta USIM inserida
no teléfono.
Número de Identidade Internacional de Equipo Móbil (IMEI,
International Mobile Equipment Identity) — Este número (15
ou 17 díxitos) utilízase para identificar dispositivos válidos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
11
na rede GSM. É posible bloquear o acceso á rede dos
dispositivos roubados. O número IMEI do seu dispositivo
pode atoparse debaixo da batería.