Localización de fallos
Para ver preguntas frecuentes sobre o seu dispositivo,
consulte as páxinas de asistencia técnica do produto na
páxina www.nokia.com/support.
P: Cal é o meu contrasinal para os códigos de bloqueo,
PIN ou PUK?
R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se esquece
o código, póñase en contacto co provedor do teléfono. Se
esquece un código PIN ou PUK ou se non recibiu dito código,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede.
Se desexa obter máis información sobre os contrasinais,
póñase en contacto co fornecedor do seu punto de acceso,
por exemplo, un fornecedor de servizos da Internet comercial
(ISP) ou un fornecedor de servizos de rede.
P: Como saio dunha aplicación que non responde?
R: Seleccione
Opcións
>
Amosar aplics. abertas
e diríxase
á aplicación mediante a tecla do menú. Manteña premida a
tecla menú para abrir a aplicación e seleccione
Opcións
>
Saír
.
P: Por que as imaxes se ven borrosas?
R: Asegúrese de que as ventás de protección da lente da
cámara están limpas.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
148
P: Por que faltan puntos na pantalla ou aparecen puntos
descoloridos ou brillantes cada vez que acendo o
dispositivo?
R: Esta é unha característica deste tipo de pantalla. Algunhas
pantallas poden conter píxeles ou puntos que permanecen
activados ou desactivados. Trátase de algo normal e non é un
fallo.
P: Por que o meu dispositivo Nokia non pode establecer
unha conexión GPS?
R: O establecemento dunha conexión GPS pode tardar desde
un par de segundos ata algúns minutos. O establecemento
dunha conexión GPS nun vehículo pode tardar máis tempo.
Se está no interior, saia a fóra para recibir un sinal mellor. Se
está fóra, móvase a un espazo máis aberto. Asegúrese de que
a man non cubre a antena do GPS do dispositivo. Se as
condicións meteorolóxicas son malas, a forza do sinal pode
verse afectada. Algúns vehículos teñen as fiestras tinguidas
(atérmicas) o que pode bloquear os sinais do satélite.
P: Por que non atopo o dispositivo do meu amigo cando
utilizo a conectividade Bluetooth?
R: Comprobe que ámbolos dous dispositivos son compatibles,
teñen activada a conectividade Bluetooth e non están en
modo oculto. Comprobe tamén que a distancia entre os dous
dispositivos non é superior a 10 metros e que non hai paredes
nin outros obstáculos entre os dispositivos.
P: Por que non podo finalizar unha conectividade
Bluetooth?
R: Se se conecta outro dispositivo ao teléfono, pode pechar a
conexión desde o outro dispositivo ou desactivando a
conectividade Bluetooth no teléfono. Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
>
Bluetooth
>
Desactivado
.
P: Por que non podo ver un punto de acceso LAN (WLAN)
sen fíos aínda que sei que me atopo dentro do seu
alcance?
R: O punto de acceso WLAN pode utilizar un identificador de
conxunto do servizo (SSID) oculto. Só pode acceder ás redes
que utilizan un SSID oculto se coñece o SSID correcto e creou
un punto de acceso á Internet WLAN para a rede do teléfono
Nokia.
P: Como desactivo a LAN (WLAN) sen fíos no meu
dispositivo Nokia?
R: A WLAN do seu dispositivo Nokia desactívase cando non
está conectado ou non está a intentar conectarse a outro
punto de acceso ou non está a escanear redes dispoñibles.
Para reducir máis o consumo da batería, pode especificar que
o dispositivo Nokia non busque redes en segundo plano ou
que o faga con menos frecuencia. A WLAN desactívase entre
as buscas en segundo plano.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
149
Para cambiar os axustes das buscas en segundo plano, leve a
cabo o seguinte:
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
WLAN
.
2 Para aumentar o intervalo de tempo das buscas en
segundo plano, axuste o tempo en Buscar redes. Para
deter as buscas en segundo plano, seleccione
Amosar
dispoñib. WLAN
>
Nunca
.
3 Para gardar os cambios, seleccione
Atrás
.
Se
Amosar dispoñib. WLAN
está axustado en
Nunca
, a
icona de dispoñibilidade de WLAN non se amosará na
pantalla de inicio. Non obstante, aínda pode buscar
manualmente todas as redes WLAN dispoñibles e
conectarse a redes WLAN como de costume.
P: Que fago se a memoria está chea?
R: Elimine elementos da memoria. Se se amosa
Non hai
memoria abondo para efectuar a operación. Borre
datos.
ou
Memoria baixa. Borre algúns datos da
memoria do teléfono.
cando está a eliminar varios
elementos ao mesmo tempo, elimine os elementos un a un,
comezando polos máis pequenos.
P: Por que non podo seleccionar un contacto para unha
mensaxe?
R: A tarxeta de contacto non ten un número de teléfono, un
enderezo ou un enderezo de correo electrónico. Seleccione
Menú
>
Axenda
e o contacto axeitado, e edite a tarxeta de
contacto.
P: Como podo finalizar a conexión de datos cando o
dispositivo reinicia a conexión continuamente?
R: Pode que o dispositivo estea intentado recuperar unha
mensaxe multimedia do centro de mensaxes multimedia.
Para que dispositivo non realice unha conexión de datos,
seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe multimedia
>
Recuperación multimedia
.
Seleccione
Manual
para que o centro de mensaxes
multimedia garde as mensaxes para recuperalas máis tarde,
ou
Desactivado
para ignorar todas as mensaxes multimedia
entrantes. Se selecciona
Manual
, recibirá unha notificación
cando teña unha mensaxe nova no centro de mensaxes
multimedia. Se selecciona
Desactivado
, o dispositivo non
establece ningunha conexión de rede relacionada coas
mensaxes multimedia.
Para axustar o dispositivo para que utilice unha conexión de
paquetes de datos só se inicia unha aplicación ou acción que
a necesita, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Axustes admin.
>
Paquetes datos
>
Conexión paquetes
datos
>
Se cómpre
.
Se isto non soluciona o problema, desactive o dispositivo e
volva activalo.
P: Podo utilizar o meu dispositivo Nokia como un módem
de fax cun ordenador compatible?
R: Non é posible utilizar o dispositivo como un módem de fax.
Non obstante, coa función de desvío de chamadas (servizo de
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
150
rede), pode desviar as chamadas de fax entrantes a un
número de fax.
P: Como calibro a pantalla?
R: A pantalla vén calibrada de fábrica. No caso de que fose
necesario volver calibrala, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Entrada toque
>
Calibración pantalla táctil
.
Siga as instrucións.