Axustes de podcasting
Para abrir Nokia Podcasting, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Podcasting
.
Antes de utilizar Nokia Podcasting, defina os axustes da
conexión e da descarga.
O método de conexión recomendado é WLAN. Consulte co seu
fornecedor de servizos os termos e as tarifas do servizo de
datos antes de empregar diferentes métodos de conexión.
Por exemplo, os plans de datos de tarifa plana poden permitir
a realización de grandes transferencias de datos previo pago
dunha tarifa mensual.
Axustes de conexión
Para editar os axustes de conexión, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Conexión
e unha das seguintes opcións:
Punto de acceso predet. — Seleccione o punto de acceso
para definir a súa conexión á Internet.
URL do servizo de busca — Defina o URL do servizo de busca
de podcast que desexa utilizar nas buscas.
Axustes de descarga
Para editar os axustes de descarga, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Descargar
e unha das seguintes opcións:
Gardar en — Defina a localización na que desexa gardar os
podcasts.
Intervalo de actual. — Permite definir a frecuencia de
actualización dos podcasts.
Seguinte data de actual. — Permite definir a data da
seguinte actualización automática.
Hora seguint. de actual. — Permite definir a hora da
seguinte actualización automática.
As actualizacións automáticas só se realizan se se selecciona
un punto de acceso predeterminado específico e se se está
executando Nokia Podcasting. Se Nokia Podcasting non se
está a executar, non se activarán as actualizacións
automáticas.
Límite de descarga (%) — Permite definir o porcentaxe da
memoria que desexa que se reserve para as descargas de
podcasts.
Se supera o límite — Defina que acción desexa levar a cabo
se as descargas superan o límite de descarga.
Configurar a aplicación para recuperar podcasts
automaticamente pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.
Para restablecer os axustes predeterminados, seleccione
Opcións
>
Restaurar predet.
na vista de axustes.