
Directorios
Para abrir directorios, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Podcasting
e
Directorios
.
Os directorios axudan a atopar episodios de podcasts aos que
subscribirse.
Os contidos dos directorios cambian. Seleccione o directorio
desexado para actualizalo (servizo de rede). A cor do
directorio cambia unha vez finalizada a actualización.
Os directorios poden incluír unha selección dos mellores
podcasts listados por popularidade ou por cartafoles
temáticos.
Para abrir un cartafol temático, seleccióneo. Amosarase unha
lista de podcasts.
Para subscribirse a un podcast, seleccione o título e
Subscribirse
.
Despois de subscribirse a episodios dun podcast, pode
descargar, xestionar e reproducilos no menú de podcasts.
Para engadir un novo cartafol ou directorio web, seleccione
Opcións
>
Novo
>
Directorio web
ou
Cartafol
.
Introduza o título e URL do ficheiro OPML (outline processor
markup language / linguaxe de marcas para procesamento
de esquemas), e seleccione
Feito
.
Para editar o cartafol, ligazón web ou directorio web
seleccionado, vaia a
Opcións
>
Editar
.
Para importar un ficheiro OPML almacenado no seu
dispositivo, seleccione
Opcións
>
Importar ficheiro OPML
.
Seleccione a localización do ficheiro e impórteo.
Para enviar un cartafol do directorio como mensaxe
multimedia ou mediante a conectividade Bluetooth,
seleccione o cartafol e
Opcións
>
Enviar
.
Cando reciba unha mensaxe cun ficheiro OPML mediante a
conectividade Bluetooth, abra o ficheiro para gardalo no
cartafol Recibidos de Directorios. Abra o cartafol para
subscribirse a un das ligazóns para engadir os seus podcasts.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
120