
Reproduza e administre podcasts
Para amosar os episodios dispoñibles do podcast
seleccionado, en
Podcasts
, seleccione
Abrir
.
Debaixo de cada episodio, pódese ver o formato e o tamaño
do ficheiro e a hora da carga.
Unha vez que o podcast se descargou completamente, para
reproducir todo o episodio, seleccióneo e a opción
Reproducir
.
Para actualizar o podcast seleccionado ou os podcasts
marcados dun episodio novo, seleccione
Opcións
>
Actualizar
.
Para deter a actualización, seleccione
Opcións
>
Deter
actualización
.
Para engadir un podcast novo inserindo o URL deste,
seleccione
Opcións
>
Novo podcast
.
Se non dispón dun punto de acceso definido ou se durante a
conexión de paquetes de datos se lle solicita que insira un
nome de usuario e un contrasinal, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.
Para editar o URL do podcast seleccionado, seleccione
Opcións
>
Editar
.
Para eliminar un podcast descargado ou podcasts marcados
do dispositivo, seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Para enviar o podcast seleccionado ou os podcast marcados
a outro dispositivo compatible como ficheiros .opml coma
unha mensaxe multimedia ou mediante a conectividade
Bluetooth, seleccione
Opcións
>
Enviar
.
Para actualizar, eliminar e enviar un grupo de podcasts
seleccionados á vez, seleccione
Opcións
>
Marcar/
desmarcar
, marque os podcasts desexados e seleccione
Opcións
para escoller a acción que desexe.
Para abrir o sitio web do podcast (servizo de rede), seleccione
Opcións
>
Abrir páxina web
.
Algúns podcasts permiten interactuar cos seus creadores
ofrecendo a posibilidade de comentalos e votalos. Para
conectarse á Internet para facer isto, seleccione
Opcións
>
Ver comentarios
.