
Escoitar a radio
Seleccione
Menú
>
Música
>
Radio
.
A radio FM utiliza unha antena distinta da antena sen fíos do
dispositivo. Para que a radio FM funcione correctamente,
cómpre dispoñer dun ML portátil ou un accesorio compatible
conectado ao dispositivo.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
121

Ao abrir a aplicación por primeira vez, pode seleccionar se
desexa que se sintonicen automaticamente as emisoras
locais.
Para escoitar a emisora seguinte ou anterior, seleccione
ou .
Para silenciar a radio, seleccione .
Seleccione
Opcións
e unha das seguintes opcións:
Emisoras — Permite ver as emisoras de radio gardadas.
Sintonizar emisoras — Permite buscar emisoras de radio.
Gardar — Permite gardar a emisora de radio.
Activar o altofalante ou Desactivar o
altofalante — Permite activar e desactivar o altofalante.
Frecuencias alternativas — Permite seleccionar se desexa
que a radio busque automaticamente unha frecuencia RDS
mellor para a emisora no caso de se reducir o nivel da
frecuencia.
Reproducir en 2º plano — Permite volver á páxina de inicio
mentres se reproduce a radio en segundo plano.