
Ver a súa localización e o mapa
Vexa a súa localización actual no mapa e explore mapas de
diferentes cidades e países.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
A miña posición
.
Cando a conexión GPS está activa,
amosa no mapa a súa
posición actual ou a súa última posición coñecida. Se as cores
da icona son tenues significa que non hai ningún sinal GPS
dispoñible.
Se soamente se atopa dispoñible o posicionamento baseado
na ID de cela, un halo vermello arredor da icona de
posicionamento indica a zona xeral na que debería estar. A
exactitude da estimación aumenta en zonas moi poboadas.
Desprazamento polo mapa
Arrastre o mapa co seu dedo. O mapa está orientado cara ao
norte por defecto.
Ver a súa localización actual ou a última coñecida
Seleccione .
Ampliar ou reducir unha imaxe
Seleccione + ou -.
Se se despraza ata unha zona non cuberta polos mapas que
se atopan gardados no seu dispositivo e dispón dunha
conexión de datos activa, descargaranse automaticamente
mapas novos.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
92

A cobertura dos mapas varía segundo o país e a rexión.