Axustes de conexión
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Correo
>
Caixas de correo
, unha caixa de correo, e
Axustes
de conexión
.
Para editar os axustes dos correos electrónicos que recibe,
seleccione
Correo entrante
e unha das seguintes opcións:
Nome de usuario — Permite inserir o nome de usuario
facilitado polo seu fornecedor de servizos.
Contrasinal — Permite inserir o seu contrasinal. Se deixa
este campo en branco, solicitaráselle que insira o seu
contrasinal cando tente conectarse á súa caixa de correo
remota.
Servidor correo entrante — Permite inserir o enderezo IP
ou o nome de host do servidor de correo que recibe o seu
correo electrónico.
Punto de acceso en uso — Permite seleccionar un punto de
acceso á Internet (IAP).
Nome da caixa de correo — Permite inserir un nome para
a caixa de correo.
Tipo de caixa de correo — Permite definir o protocolo de
correo electrónico que recomenda o fornecedor de servizos
da súa caixa de correo remota. As opcións son POP3 e IMAP4.
Este axuste non se pode modificar.
Seguridade — Permite seleccionar a opción de seguridade
utilizada para asegurar a conexión coa caixa de correo
remota.
Porto — Permite definir un porto para a conexión.
Acceso seguro APOP (só para POP3) — Utilice esta opción co
protocolo POP3 para codificar o envío de contrasinais ó
servidor de correo electrónico remoto mentres conecta coa
caixa de correo.
Para editar os axustes do correo electrónico que envía,
seleccione
Correo saínte
e unha das seguintes opcións:
O meu enderezo correo — Permite inserir o enderezo de
correo electrónico proporcionado polo seu fornecedor de
servizos.
Servidor correo saínte — Permite inserir o enderezo IP ou
o nome de host do servidor de correo que envía o seu correo
electrónico. É posible que só poida utilizar o servidor saínte
do seu fornecedor de servizos. Para obter máis información,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Os axustes de nome de usuario, contrasinal, punto de acceso,
seguridade e porto son similares aos do correo entrante.