
Axustes de mensaxes de texto
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe texto
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Centros de mensaxes — Permite ver unha lista de todos os
centros de mensaxes de texto que se definiron.
Centro mensaxes en uso — Permite seleccionar que centro
de mensaxes desexa usar para entregar mensaxes de texto.
Codificación caracteres — Para utilizar a conversión de
caracteres a outro sistema de codificación cando estea
dispoñible, seleccione
Soporte reducido
.
Informe de recepción — Permite seleccionar se desexa que
a rede envíe informes de entrega das mensaxes (servizo de
rede).
Validez das mensaxes — Permite seleccionar durante canto
tempo desexa que o centro de mensaxes reenvíe a súa
mensaxe se non o consegue a primeira vez (servizo de rede).
Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste período de
validez, elimínase do centro de mensaxes.
Mensaxe enviada como — Para obter información acerca
de se o seu centro de mensaxes pode converter as mensaxes
de texto nestes outros formatos, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.
Conexión preferida — Permite seleccionar a conexión que
desexa usar.
Resp. desde mesmo ctro. — Permite seleccionar se desexa
que a mensaxe de resposta se envíe usando o mesmo número
do centro de mensaxes de texto (servizo de rede).