Axustes de mensaxes multimedia
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe multimedia
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Tamaño da imaxe — Permite definir o tamaño das imaxes
das mensaxes multimedia.
Modo creación MMS — Se selecciona
Guiado
, o dispositivo
informaralle de que se intenta enviar unha mensaxe, pode
que non sexa admitida polo destinatario. Se selecciona
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
64
Restrinxido
, o dispositivo impediralle que envíe mensaxes
que pode que non sexan admitidas polo destinatario. Para
incluír contido nas mensaxes sen notificacións, seleccione
Libre
.
Punto de acceso en uso — Seleccione que punto de acceso
se usa como conexión preferida.
Recuperación multimedia — Seleccione como desexa
recibir mensaxes, se está dispoñible. Para recibir mensaxes
automaticamente na súa rede propia, seleccione
Auto. rede
propia
. Cando se atope fóra da súa rede propia, recibirá unha
notificación de que hai unha mensaxe para recuperar no
centro de mensaxes multimedia. Se selecciona
Sempre
automática
, o dispositivo establecerá automaticamente
unha conexión de paquetes de datos activa para recuperar a
mensaxe tanto dentro como fóra da súa rede propia.
Seleccione
Manual
para recuperar mensaxes multimedia do
centro de mensaxes manualmente ou
Desactivado
para
evitar recibir ningunha mensaxe multimedia. Poida que a
recuperación automática non se admita en todas as rexións.
Permitir mens. anónimas — Rexeita mensaxes de
remitentes anónimos.
Recibir publicidade — Recibe anuncios por mensaxes
multimedia (servizo de rede).
Informes recepción — Mostra o estado das mensaxes
enivadas no rexistro (servizo de rede).
Denegar envío informes — Evita que o dispositivo envíe
informes de entrega de mensaxes recibidas.
Validez das mensaxes — Permite seleccionar durante canto
tempo desexa que o centro de mensaxes reenvíe a súa
mensaxe se non o consegue a primeira vez (servizo de rede).
Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste período de
tempo, eliminarase do centro de mensaxes.
O dispositivo require cobertura de rede para indicar que unha
mensaxe enviada foi recibida ou lida. Dependendo da rede e
outras circunstancias, esta información non é fiable sempre.