
Outros axustes
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Outros
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Gardar mens. enviadas — Seleccione se desexa gardar no
cartafol de Enviados copias das mensaxes de texto, mensaxes
multimedia ou correos electrónicos que vostede envíe.
Núm. mens. gardadas — Defina cantas mensaxes enviadas
desexa que se garden no cartafol de mensaxes enviadas ó
mesmo tempo. Cando se chega ó límite, elimínase a mensaxe
máis antiga.
Memoria en uso — Seleccione a memoria onde desexa
gardar as mensaxes.
Amosar mens. en grupos — Permite definir se desexa
agrupar as mensaxes nos cartafoles Caixa de entrada,
Enviados, Borradores e Os meus cartafoles.
Amos. correos en grupos — Permite definir se desexa
agrupar as súas mensaxes de correo electrónico.