
Eliminación de mensaxes de correo electrónico
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e unha caixa de correo.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
62

Para eliminar os contidos dunha mensaxe de correo
electrónico no dispositivo e mantelos na caixa de correo
remota, seleccione
Opcións
>
Borrar
>
Só do teléfono
.
O teléfono reflicte as cabeceiras dos correos electrónicos da
caixa de correo remota. Aínda que elimine o contido da
mensaxe, as cabeceiras das mensaxes de correo electrónico
permanecerán no teléfono. Se desexa eliminar tamén a
cabeceira, cómpre que estea conectado ao servidor cando
elimine a mensaxe do dispositivo e da caixa de correo
remota. De non existir unha conexión co servidor,
eliminarase a cabeceira ao establecerse a conexión do
teléfono á caixa de correo remota para actualizar o estado.
Para eliminar un correo electrónico do dispositivo e da caixa
de correo remota, seleccione
Opcións
>
Borrar
>
Do
teléfono e servidor
.
Para cancelar a eliminación dun correo electrónico marcado
para a súa eliminación do dispositivo e o servidor durante a
próxima conexión ( ), seleccione
Opcións
>
Recuperar
.