Recuperación de mensaxes de correo electrónico
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e unha caixa de correo.
Se se atopa fóra de liña, seleccione
Opcións
>
Conectar
para
abrir unha conexión coa caixa de correo remota.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que
é posible que conteñan software nocivo ou daniño para o
dispositivo ou o ordenador.
1 Se ten unha conexión aberta cunha caixa de correo
remota, seleccione
Opcións
>
Recuperar correo
>
Novo
para recuperar todas as mensaxes novas,
Seleccionado
para recuperar só as mensaxes
seleccionadas ou
Todo
para recuperar todas as
mensaxes da caixa de correo.
Para deter a recuperación de mensaxes, seleccione
Cancelar
.
2 Para pechar a conexión e ver as mensaxes de correo
electrónico fóra de liña, seleccione
Opcións
>
Desconectar
.
3 Para abrir unha mensaxe de correo electrónico,
selecciónea. Se a mensaxe de correo electrónico non se
recuperou e vostede se atopa fóra de liña,
preguntaráselle se desexa recuperar esta mensaxe da
caixa de correo.
Para ver os ficheiros anexos, abra a mensaxe e seleccione o
campo do ficheiro adxunto indicado mediante . Se o
teléfono non recuperou o ficheiro anexo, seleccione
Opcións
>
Recuperar
.
Para recuperar as mensaxes de correo electrónico
automaticamente, seleccione
Opcións
>
Axustes de
correo
>
Recuperación autom.
.
Axustar o teléfono para recuperar correos electrónicos
automaticamente pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.