Vista principal da mensaxería
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
(servizo de rede).
Para crear unha mensaxe nova, seleccione
Nova mensaxe
.
Suxestión: Para evitar ter que volver escribir mensaxes que
envía con frecuencia, utilice os textos do cartafol Modelos en
As miñas carp. Tamén pode crear e gardar os seus propios
modelos.
A mensaxería contén os seguintes cartafoles:
Caixa de entrada — As mensaxes recibidas, excepto as
mensaxes de correo electrónico e de información de cela,
almacénanse aquí.
As miñas carp. — Organice as súas mensaxes en
cartafoles.
Caixa do correo — Conéctese coa súa caixa de correo
remota para recuperar mensaxes de correo electrónico novas
ou ver mensaxes de correo electrónico recuperadas
previamente fóra de liña.
Borrador — Os borradores das mensaxes que non se
enviaron almacénanse aquí.
Enviados — As últimas mensaxes que se enviaron,
excepto as mensaxes enviadas mediante a conectividade
Bluetooth, almacénanse aquí. Pode cambiar o número de
mensaxes que desexa que se garden neste cartafol.
Caixa de saída — As mensaxes que están agardando a
ser enviadas almacénanse temporalmente na caixa de saída,
por exemplo, cando o dispositivo se atopa fóra da cobertura
da rede.
Informes entreg. — Pode solicitar que a rede lle envíe
un informe de entrega das mensaxes de texto e mensaxes
multimedia que enviou (servizo de rede).