Descarga rápida
O acceso para a descarga de datos por paquetes a alta
velocidade (HSDPA, tamén denominado 3.5G, indicado
mediante
) é un servizo de rede das redes UMTS e fornece
descargas de datos a alta velocidade. Cando o soporte HSDPA
está activado no dispositivo e este está conectado a unha
rede UMTS que admite HSDPA, a descarga de datos como
mensaxes, correos electrónicos e páxinas do navegador a
través da rede móbil pode realizarse a maior velocidade. As
conexións HSDPA activas indícanse mediante .
É posible activar ou desactivar a compatibilidade con HSDPA
nos axustes dos paquetes de datos.
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter
máis información acerca da dispoñibilidade e a subscrición a
servizos de conexión de datos.
HSDPA só afecta á velocidade da descarga. O envío de datos
á rede, como mensaxes e correos electrónicos, non se verá
afectado.