
Visitar Ovi by Nokia
Con Ovi by Nokia, pode atopar novos lugares e servizos
e manterse en contacto cos seus amigos. Pode facer o
seguinte, por exemplo:
•
Crear unha conta de correo
•
Planificar viaxes e ver lugares nun mapa
•
Descargar xogos, aplicacións, vídeos e tons de chamada
para o seu dispositivo
•
Mercar música
Algúns elementos de descarga son gratuítos, mais é posible
que outros sexan de pago.
É posible que os servizos dispoñibles varíen en función do
país ou rexión e non todos os idiomas son compatibles.
Para acceder aos servizos de Ovi de Nokia, consulte a páxina
www.ovi.com e rexistre a súa propia conta Nokia.
Para obter máis información, consulte a páxina
www.ovi.com/support.