
Acerca das notificacións de correo electrónico
O envío de notificacións da recepción de correo electrónico á
pantalla de inicio permite realizar un seguimento das
mensaxes de correo electrónico que se atopan na súa caixa
de correo. É posible axustar o dispositivo para que amose
unha vista previa das cabeceiras dos correos electrónicos ou
simplemente o número de correos electrónicos non lidos.