
Axustes de posicionamento
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Situación
e
Posicionamento
.
Métodos de posicionamento
Seleccione entre as seguintes opcións:
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
90

GPS integrado — Permite utilizar o receptor GPS integrado
do dispositivo.
GPS asistido — Permite utilizar o GPS Asistido (A-GPS) para
recibir datos de axuda desde un servidor de datos de axuda.
Bluetooth do GPS — Permite utilizar un receptor GPS
externo compatible coa conectividade Bluetooth.
Baseado na rede — Permite utilizar información da rede
móbil (servizo de rede).
Servidor de posicionamento
Para definir un punto de acceso e un servidor de
posicionamento para os métodos de posicionamento
asistidos pola rede, como o posicionamento baseado na rede
ou o GPS asistido, seleccione
Servidor posicionamento
.
É posible que o servidor de posicionamento estea
preestablecido polo seu fornecedor de servizos e que non
sexa quen de editar os axustes.
Axustes de notación
Para seleccionar que sistema de medición desexa utilizar
para as velocidades e as distancias, seleccione
Sistema de
medidas
>
Métrico
ou
Imperial
.
Para definir en que formato desexa que se amose a
información de coordenadas no dispositivo, seleccione
Formato coordenadas
e o formato desexado.