Consellos para crear unha conexión GPS
Comprobación do estado do sinal de satélite
Para comprobar cantos satélites atopou o teléfono e se está
a recibir os seus sinais, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Situación
e
Datos GPS
>
Opcións
>
Estado do satélite
.
Se o dispositivo atopou satélites, aparece unha barra por
cada satélite na vista de información acerca de satélites.
Canto máis longa sexa a barra, maior intensidade terá o sinal
do satélite. Se o dispositivo recibiu información abondo do
sinal do satélite para calcular as coordenadas da súa posición,
a barra cambia de cor.
Para ver a posición dos satélites atopados, seleccione
Camb.
vista
.
Primeiro, o dispositivo debe recibir sinais de catro satélites
como mínimo para poder calcular as coordenadas da súa
posición. Despois do cálculo inicial pode que sexa posible
seguir calculando as coordenadas da súa posición con tres
satélites. No entanto, a precisión adoita mellorar cando se
atopan máis satélites.
Se non se atopa ningún sinal de satélite, o problema pode
radicar nun dos puntos seguintes:
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
88
•
Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para
recibir un sinal mellor.
•
Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis
aberto.
•
Asegúrese de que a súa man non tapa a antena GPS do
dispositivo.
•
Se as condicións climáticas non son boas, a intensidade
do sinal pódese ver afectada.
•
Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que
poden bloquear os sinais dos satélites.